Galicia

Se queres optar a un dos campamentos de verán da Xunta, xa o podes facer

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, convoca, unha vez máis, a Campaña de Verán 2012, para favorecer que a xuventude empregue parte do seu tempo vacacional en actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, que sirvan no só para divertirse senón tamén para o enriquecemento persoal e vital, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer outros territorios da xeografía nacional.

Acción de Verán é un programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas, que comprenden actividades de ocio para toda a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros.

As actividades da campaña de verán están dirixidas a todos aqueles mozos e mozas que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con outros rapaces en campamentos de todo o estado. Son unha forma económica e divertida de axudar e gozar.

Podes consultar toda a información referente a campaña Acción de Verán na páxina web www.xuventude.net, no apartado de Acción de Verán.

Campamentos de Verán

Son unha forma diferente e divertida de pasar as vacacións estivais. Os interesados poden escoller os campamentos que queran en función das propostas que se leven a cabo neles: actividades do mar, iniciación ao teatro, rutas en bicicleta e cabalo pola natureza, actividades de multiaventura….

O prazo de presentación de solicitudes do 6 ao 20 de marzo e a información sobre as condicións xerais (idades, prazo de presentación, adxudicacións, documentación a presentar polos participantes, descontos nos prezos, devolución de cotas, incorporacións aos campamentos e albergues e obrigas dos beneficiarios) poden consultarse pinchando aquí, para campamentos en Galicia, ou aquí, para campamentos fora de Galicia. Ademáis, podes descargar as solicitudes pinchando aquí. E entrando en este link, a Programación de campamentos de verán 2012, descarga aquí a Orde de publicación no DOG e mira aquí os teléfonos de información.

También te puede interesar