Comarcas

A Xunta empeza este mes o control de do lobo na Serra do Barbanza

O Plan de Xestión do Lobo en Galicia determina a necesidade de realizar seguimentos nas zonas nas que se teñan sospeitas ou haxa indicios de posible coexistencia de lobos e cans asilvestrados. Por esa razón, a Consellería de Medio Ambiente inicia o desenvolvemento do plan de control sobre a hibridación entre cans e lobos na Serra do Barbanza este mesmo mes de marzo.

O propósito do Plan de Control de Híbridos na Serra do Barbanza é a eliminación, por razóns de conservación da especie canis lupus, de todos os exemplares híbridos existentes nesta zona, dado que a existencia dos mesmos supón unha contaminación xenética da especie.

Este plan de actuación suporá a implantación de dous tipos de medida; os de control, polo que se efectuarán aguardos e batidas na zona contaminada para eliminar exemplares híbridos. As batidas se efectuarán ao longo do mes de marzo e os aguardos se realizarán ente os meses de abril e agosto, semanalmente, polos cazadores acreditados pola Consellería, estas dúas actuacións serán supervisadas polos axentes de Conservación da Natureza.

Co fin de minimizar o impacto sobre os lobos puros, os controis efectuaranse sobre aqueles exemplares que presenten un fenotipo can ou híbrido (caracterizados por pelaxe canela ou leonado).

A segunda das medidas recollidas son os trampeos, co que se pretende capturar o maior número de exemplares na zona, que pode derivar en dúas situacións: apresar un exemplar de fenotipo lobo ou un animal híbrido. No primeiro dos casos, procederíase a equipalos con colares gps, que permitiría estudar o seu comportamento espacial; ao tempo que permite ampliar o coñecemento sobre a ecoloxía da especie en mandas mixta e axuda a localizar ao resto e de individuos da manada. Un aspecto moi importante de cara a efectuar os controis oportunos.

Tamén o marcado de exemplares permite localizar a zona de cría e campeo da manada con certa facilidade, polo que se ten un terceiro método de control,o axexo, o que supón un enorme avance da cara a reducir o número de exemplares híbridos na zona. Estas tarefas comezarán no mes de abril.

Tarefas de observación en 2011

Cómpre destacar que,” tras informacións sobre a existencia dunha posible hibridación na Serra do Barbanza”, os técnicos e os axentes do departamento de Conservación da Natureza procederon a efectuar no segundo semestre de 2011 unha investigación, detectándose de visu e mediante mostraxe xenéticas, a existencia de exemplares híbridos.

Os resultados da investigación “revelaron a existencia dun importante problema de hibridación na zona” polo que dada a singularidade do asunto, a falta de experiencias a nivel mundial e tendo en conta as recomendacións e experiencias adquiridas, “se decidiu establecer unha serie de actuacións de seguimento e control e abatemento de exemplares híbridos, actuando da maneira máis axeitada para obter o maior rendemento científico posible, sendo acordes coas recomendacións internacionais existentes”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.