Vigo al minuto

A conselleira de Emprego non sabe cal é o futuro laboral en Galicia

A conselleira de Traballo Beatriz Mato, asegurou onte nunha entrevista concedida á Cadena SER que “non é prudente facer unha previsión sobre cando estará recuperado o mercado laboral en Galicia”, e calificou de convulsas” as perspectivas económicas, que “cambian a cada momento”. A conselleira responsable de xestionar os recursos da Xunta para xerar emprego e que desde que tomou posesión viu medrar o paro en máis de 42.500 persoas, salientou que a Xunta “debe adaptar as súas políticas e aplicar medidas como a austeridade e o control do déficit”, pero non aportou unha soa solución para atallar a perda de empregos no país.

Eso sí, Mato adiantou que o gobernó galego terá que “adaptar os seus presupostos para 2012 á realidade” ante as previsións de crecemento económico e “en función das contas estatais”, polo que avanzou que “haberá que tomar medias que non serán doadas para cumprir o déficit que está marcado”.

Neste senso, Mato lembrou que a Xunta “leva tres anos facendo medias de axuste nos orzamentos”, e, engadiu, “é aí onde se van ver as prioridades que marque o Goberno”, cuestión que “non será doada pero ante a que hai que estar expectantes”.

Sobre si o peche dun centro de atención a menores na provincia de Ourense era unha medida de recorte para o aforro de gasto público, a titular de Traballo e Benestar sinalou que aínda que “haberá quen queira interpretar isto como un recorte non deixa de ser unha eficiencia na xestión”, e puxo un exemplo, “se temos unha familia repartida en dúas casas e esta pode caber nunha, aforra un aluguer”, engadindo que nun só dos centros de menores “caben todos os menores que a Xunta ten tutelados”.

Asimesmo, Mato descartou o peche dalgunha escola infantil e salientou que a Xunta “está a abrir máis, algo que hai que ter en conta nestes momentos económicos“. Sobre a subida de taxas das escolas infantís, puntualizou que este incremento progresivo” e en función de que “quen máis ten tamén paga máis”, débese á necesidade de “adaptalas á realidade que ten o seu custo” pois, como subliñou, “levan  dez anos ser revisarse”.

 

También te puede interesar