Vigo al minuto

Esquerda Unida de Vigo traslada ao grupo de IU unha pregunta para o Goberno sobre Vulcano

Rubén Pérez y Cayo LaraO coordenador local de Esquerda Unida en Vigo, deu traslado hoxe ao grupo parlamentario de Izquierda Unida-A Esquerda Plural, unha pregunta dirixida ao Goberno solicitando que interveña ante PYMAR para que este se incorpore ao concurso de acreedores de Vulcano e se evite un peche que sería demoledor para o futuro de Vigo.

Rubén Pérez  considera que a acción do Goberno é indispensable para que os administradores de PYMAR actúen favorablemente aos intereses da plantilla do asteleiro, “os principais sufridores dunha situación que eles non provocaron”, e que Esquerda Unida carga nos administradores da empresa e as “súas aventuras especulativas como a compra do asteleiro xixonés Juliana”.

EU considera que o Ministerio de Industria ten que poñer en valor o mantemento dos postos de traballo no sector, a consolidación futura do sector na ría de Vigo antes que os balances económicos dos grupos accionariais que levaron a “este asteleiro vangarda de traballos tan importantes como os sísmicos 533, a unha situación crítica”.

Na mesma pregunta EU interpela ao Goberno se está dando pasos firmes para elaborar un plan de defensa do sector naval ante os riscos reais de desaparición do mesmo que problemas como este e o Tax Lease están provocando.

 

También te puede interesar