Galicia

Gústache a ecoloxía?…pois o día 17 tes que ir a Arzúa

O mercado ecolóxico máis grande de Galicia volve un ano máis a Arzúa coa Feira Ecolóxica. Os días 17 e 18 de decembro celebrarase a oitava edición deste evento que xa adquiriu proxección estatal e internacional, ademais de ser un referente imprescindible na comarca e no país.

Produtores e produtoras locais, outros chegados de diversas partes do Estado e ata do Brasil integrarán os preto de 50 stands da Feira. E coma todos os anos, música, teatro, conferencias, proxeccións, actividades para o público infantil e diversos xeitos de achegarse á Terra daranse cita na vila coruñesa.

Ademais e, sen dúbida e dadas as datas nas que se celebra, a Feira Ecolóxica será unha magnífica ocasión para facer de forma máis xusta e respectuosa coa contorna as compras do Nadal. Este evento está organizado e co-financiado polo Concello de Arzúa, financiado pola Deputación da Coruña e xestionado por Coperactiva Cultural.

 

También te puede interesar