Galicia

Empeza o plan invernal da Xunta nas estradas galegas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas activou este martes o Plan de Vialidad Invernal para os case 1.300 quilómetros autonómicos da provincia de Pontevedra, que como novidade este ano, prolongarase durante 4 meses no canto de 3, polo que permanecerá activo durante 30 días máis, ao igual que na provincia da Coruña. Este Plan de Vialidade Invernal 2011-2012 traballa xa no mantemento dos quilómetros da rede de estradas de Galicia e, sobre todo, nos 122 quilómetros nos que se detectou unha problemática especial, posto que son treitos cun maior risco de neve.

As medidas e actuacións divídense en dous grandes grupos, aquelas que permiten anticiparse aos posibles problemas que poidan xurdir e as que garanten a vialibidade e intentar incrementar a seguridade nas estradas.

Durante este tempo, un cadro de persoal, formado por 109 técnicos e operarios de estradas, coordinará os traballos de prevención e as medidas necesarias para garantir e restablecer a seguridade dende 7 centros operativos, disporán de 14 reservas de fundentes e máis de 30 máquinas e accesorios para realizar as tarefas necesarias na zona norte e sur da provincia.

A Consellería de Medio Ambiente anima aos usuarios a informase da situación das estradas se van a realizar algún desplazamento e lembra que se lle trasladan as incidencias detectadas a través dos paneis de información variable, que permiten avisar das inclemencias, para que se circule con precaución, e poda elixirse o percorrido máis idóneo; por teléfono, de Emerxencias de Galicia (112) e da Dirección Xeral de Tráfico (DGT 900 123 505); internet, navegando a través das páxinas web da DGT para coñecer a situación do tráfico (www.dgt.es) e das condicións meteorolóxicas no portal de MeteoGalicia (www.meteogalicia.es) e da Axencia estatal de meteoroloxía (www.inm.es).

 

 

También te puede interesar