¡Que se curren tu voto! Destacados

Resultados históricos en Vigo e Redondela para a FPG tras unha campaña low cost

O candidato á alcaldía de Vigo, Moncho Lareu.
O candidato á alcaldía de Vigo, Moncho Lareu.

Non se consideran un partido electoralista, sobre todo nestes tempos convulsos, senón que ven as eleccións municipais como “unha ferramenta máis para avanzar no camiño de crear as condicións obxectivas que permitan levar a bo porto o proceso de emancipación nacional e de clase”. En Vigo non se logrou un pacto con outras organizacións de esquerda, pero en Redondela conseguiuse unha candidatura aglutinadora da alternativa veciñal, todas elas presentadas con campañas low cost, sobre todo na cidade viguesa.

En Redondela os resultados foron bos: primeira vez que se presentaban no concello e 613 votos nuns resultados que consideran moi positivos. Pola contra, en Vigo conqueriron 567 votos, apenas 2o votos máis que nas derradeiras eleccións municipais, un resultado non moi grande pero que logrou “os obxectivos marcados e os mellores resultados para unha candidatura municipal de esquerda independentista en Vigo nos últimos 25 anos”, polo que o balance é moderadamente positivo.

“Malia o feito obxectivamente negativo para a clase traballadora viguesa da continuidade no poder municipal de Caballero, celebramos que non acontecese o que tería sido un mal aínda maior: o acceso ao poder municipal do neofascismo ultraliberal e galegófobo liderado por unha Porro que incluso lanzou durante a campaña a provocación de propor a imposición do castelán no Concello de Vigo o mesmo Día das Letras Galegas.”, subliñaron.

También te puede interesar