RGPD - Cookies
Galicia

O Diario Oficial de Galicia deixará de existir…

… pero só en papel. A edición electrónica do DOG substituirá definitivamente á versión impresa a partir do vindeiro 2 de maio, garantindo a mesma validez xurídica que a versión en papel e facilitando a súa consulta universal a calquera hora do día 365 días ao ano, gratuíta e de libre acceso para todo o mundo, simplificando procesos de producción e aforrando cartos: máis dun millón de euros anual.

Os cidadáns terán a posibilidade de descargar en formato dixital e de imprimir en soporte papel copias fidedignas das edicións do DOG, que terán a consideración de copias auténticas, sempre que inclúan a impresión do código de verificación electrónica que permita contrastar a súa autenticidade identificadas e que está impreso na esquina inferior esquerda de cada páxina.

También te puede interesar