Comarcas Galicia

Multan ao AVE con 13.500 euros por verquidos en Redondela

Un informe de Augas de Galicia recoñece verquidos continuos en tres puntos aos ríos Maceiras e Alvedora, no termo municipal de Redondela. O motivo: a “falta de dilixencia das empresas que están a levar a cabo a construcción do tren de alta velocidade“, polo que se lle impuxeron multas valoradas en 13.500 euros.

Neste informe, remitido a Amigos da Terra tras unha denuncia alertando a Augas de Galicia, recoñecen que existen 3 puntos de verquido procedentes das empresas responsables das obras da chegada do AVE e está a tomar mostras dende o 26 de febreiro xa que un dos puntos presenta indicios de contaminación e outros dous cumpren cos límites fixados no expediente. Ademais, as empresas implantaron melloras no sistema de depuración, incrementando as medidas relativas á filtración e retención de sólidos das augas residuais ao dominio público.

Dende febreiro

O pasado 24 de febreiro detectouse no río Maceiras, confluínte co río Alvedosa, unha vertedura de cor gris dende primeira hora da mañá e no tramo do río que discorre polo centro urbano. Amigos da Terra tramitou a correspondente denuncia alertando a Augas de Galicia desta situación xa que, pese a que o persoal do concello verificou a existencia da vertedura e a procedencia da mesma, cabía a posibilidade de que dita responsabilidade ambiental por vertedura “quedara impune se non actuaban os organismos competentes”.

También te puede interesar