Comarcas

Na candidatura do PP á Alcaldía de Redondela, elas dan o golpe

Son o reforzo dunha candidatura que, segundo o candidato á Alcaldía polo Partido Popular, Javier Bas, “non deixa de traballar de cara ás vindeiras eleccións municipais do 22 de maio Bas subliñou que unha das súas preocupacións é completar unha candidatura formada por persoas “competentes e comprometidas con Redondela. Por elo, hoxe presentou “as dúas primeiras mulleres da lista”: Ana María Alonso Alonso e Teresa París Blanco, actual secretaria de Comunicación da Xestora. “Ambas aportan a visión de mulleres novas e con experiencia no eido laboral e no familiar” destacou o candidato quen sinalou que Alonso, experta en dirección e finanzas, “fortalece o equipo nunha área vital como é a económica e de recursos financeiros, mentres que París vincularase á area social”.

Ana María Alonso Alonso é natural de Cedeira, aínda que a día de hoxe é veciña de Cabeiro, está casada e é nai de dúas nenas. É licenciada en Ciencias Económicas e con máster en Contabilidade e Auditoría. Na súa traxectoria profesional desempeñou o cargo de xefa de Administración e Tesourería en empresas de ámbito nacional, ocupando na actualidade o posto de directora Financeira nunha importante empresa pertencente a un grupo internacional.

Teresa París Blanco é veciña de Chapela, está casada e ten dúas fillas. É diplomada en Graduado Social e conta cunha importante experiencia no eido do voluntariado social. Forma parte da directiva da Asociación Cultural de Cidadelle e é membro activo da Asociación de Celíacos de Galicia. Foi xerente do Mercado Municipal do Progreso e actualmente desempeña tarefas de administración nun bufete xurídico.

Trátase da primera presentación que fai o alcaldable do Partido Popular quen dará a coñecer publicamente nos vindeiros días a composición da lista completa coa celebración dun acto aberto a todos os redondeláns.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.