Música y Cine

Siniestro Total renuncia a un premio por non cantar sempre en galego

Consideran que é inxusto e competencia desleal co resto de nominados a esta categoría, que apostan de xeito íntegro pola lingua galega. O grupo vigués Siniestro Total acaba de pedirlle á Academia que retire a súa candidatura á ‘Mellor Canción en Galego’ dos XV Premios da Música por entender que non merecen tal honra ao non desenvolver toda a súa carreira en galego, como o resto de nominados.

Consideran un desplante cara o resto de grupos estar nominados, a pesar de en case todos os álbumes podese atopar algún tema en galego, tan habitual que incluso podería realizarse un compilando só os temas editados neste idioma. Orgullosa da nominación, a banda galega prefire optar tan só á categoría de ‘Mellor Disco Rock’.

También te puede interesar