_agenda Agenda

Para tocar a gaita, o Concello de Vigo

Se che gusta a gaita e es un prodixio con ela, esta é a túa oportunidade. O Concello de Vigo organiza o I Concurso de Gaita para Solistas, que celebrará a súa fase final o vindeiro 30 de abril no Auditorio Municipal e para o que é preciso inscribirse desde mañá ata o 1 de abril. É unha «oportunidade para que aquelas persoas que destacan no eido da cultura teñan espazos nos que expresarse e que os vigueses poidan gozar da súa capacidade creativa e interpretativa».

O certame está dirixido a solistas que deberán ir co traxe tradicional, que tamén será valorado polo xurado, composto por persoas de recoñecido prestixio no ámbito da música tradicional. A celebración do concurso está suxeita a que se presenten máis de 10 persoas para participar, aínda que se hai máis dunha decena celebrarase unha fase eliminatoria previa. Haberá tres premios de 2.000, 1.000 e 500 euros, ademáis de 100 euros en gastos de participación para os que participen na final.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.