Galicia

O BNG pedirá no Congreso a supresión dos plans de pensións privados que a Cámara ten contratados para os deputados

LeireO voceiro do BNG no Congreso dos Deputados proporá ao presidente da Cámara, o socialista José Bono, que suprima a aportación mensual do 10% da súa nómina que os deputados fan a un fondo de pensións privado. Francisco Jorquera asegura que “non é lóxico e supón un mal exemplo que o o Congreso manteña un fondo de pensións privado cando se fan recortes no público”. A mesma idea, que transmitirase ao presidente do Senado, forma parte da revisión dos complementos de pensións que teñen as súas señorías dende 2006.

Os presidentes das cámaras decidiron cuestionar os complementos que teñen deputados e senadores logo de que Mariano Rajoy pedise a supresión das pensións parlamentarias por considerarlas un privilexio, aínda que Rojo e Bono forón máis aló e veñen de propor a revisión do réxime de incompatibilidades dos parlamentarios e dar transparencia ao seu patrmonio, algo no que o PP xa non está tan dacordó, coma puxo de manifesto no Parlamento de Galicia alegando que a publicación do estado financierio dos deputados sería un “problema de seguridade”.

Nembargantes, nas Cortes do Estado, o Partido Popular non o terá tan doado xa que PSOE, PNV, RC, IU, ICV, Coalición Canaria (CC), BNG y Unión, Progreso y Democracia (UPyD) están acordó en que o patrimonio das súas señorías, así coma os seus ingresos sexan do dominio público, algo que non é novo xa que Bono, cando presidía a Junta de Castela-A Mancha, aproou unha norma semellante.

También te puede interesar