Comarcas Galicia

O portavoz dende hai 8 anos, candidato nacionalista á alcaldía de Salvaterra

Gabriel Martínez, candidato á alcaldía de Salvaterra polo BNG.
Gabriel Martínez, candidato á alcaldía de Salvaterra polo BNG.

Por unanimidade e en recompensa pola súa labor como cabeza de lista desde 2003. A asamblea local do BNG elixiu por unanimidade ao seu actual portavoz, Gabriel Martínez, para encabezar a candidatura nacionalista á alcaldía de Salvaterra na que é “a única alternativa real ao actual goberno do municipio, presidido polo PP”.

Dende a súa chegada ás filas nacionalistas, o BNG pasou dun a tres concelleiros na actual corporación municipal, converténdose na segunda forza política da vila. Agora, o sono de Martínez é convertirse no primeiro alcalde nacionalista de Salvaterra. De 44 anos e Inspector de Medio Ambiente no Concello de Vigo, Martínez é deputado provincial e ten unha longa experiencia no eido deportivo, xa que foi xogador e adestrador de categorías inferiores na Sociedade Deportiva Salvaterra e agora xoga nos veteranos de Salvaterra.

Te podría interesar