Cultura Galicia

Xoias galegas máis aló do Atlántico

Cristina Bodelón, Miss Mundo Universitaria España 2003, leva xoias de prata con céspede artificial da deseñadora Liber Olives.
Cristina Bodelón, Miss Mundo Universitaria España 2003, leva xoias de prata con céspede artificial da deseñadora Liber Olives.

O inxeño galego cruzará o charco na busca dunha oferta educativa internacional e mellor posicionada. A Escola Técnica de Xoiería do Atlántico, que ten a súa sede en Vigo, vén de asinar un acordo coa Universidade Iberoamericana da Puebla, en México, para potenciar o intercambio de alumnos e profesores, pero tamén de coñecementos, de información de publicacións e de material gráfico, ademais de organizar obradoiros e seminarios e de conceder bolsas para a formación dos estudantes de ambos lados do Atlántico.

A primeira actividade conxunta será a presentación dalgúns proxectos na asamblea anual del Parlement Lycéen Européen, un encontro entre autores de xoiería que se celebrará en Vigo no vindeiro mes de maio e que reunirá a preto dun cento de persoas para debatir a futuro do sector.

You may also like