Vigo al minuto

Caballero monta en Bembrive ‘Port Abeltura’

Alameda/CVO maior parque infantil da Vigo. Iso é o que estase a construir na Alameda de embrive, segundo anunciou o alcalde. Abel Caballero indicou nunha visita ás obras, que o Concello investirá 400.000 € nunha reforma «que vai cambiar a estrutura, o uso e todo o que ten que ver coa Alameda de Bembrive«.

O plantexamento municipal contempla catro partes diferenciadas: o acondicionamento en granito da superficie, unha zona verde, outra para uso deportivo e unha cuarta para uso infantil. O parque infantil dobrará a extensión do de Venezuela, actualmente o de maior tamaño na urbe.

Caballero subliñou que a praza está sendo preparada para que albergue os escenarios móbiles que habitualmente empréganse nas festas populares e salientou que esta iniciativa suporá «a humanización ata a igrexa» e conformará «un lugar de afluencia» para o ocio dos veciños e veciñas da parroquia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.