Cultura Galicia

A mellor colleita de free-jazz, no Sinsal

Son tres, cada un un virtuoso do seu instrumento, e agora se reúnen para facturar unha das máis importantes contribucións do free-jazz da colleita 2010. Daniel Carter, William Parker e Federico Ughi chegan esta noite ao auditorio municipal (21 horas) dentro do festival Sinsal.

The Dream, álbum que reúne a Daniel Carter, William Parker e Federico Ughi, nace dun soño que unha amiga de Daniel Carter tivo no que el tocaba o piano, instrumento que domina á perfección, pero que nunca tivera a oportunidade de tocar nun disco, pois sempre destacou como saxofonista, clarinetista ou trompetista.

Carter contactou con Parker, baixista destacado da vangarda neoiorquina e vello amigo, e ambos os dous elixiron a Federico Ughi, batería, músico electrónico e promotor do selo 577 Records no que The Dream veu a luz. O resultado das primeiras sesións entre os tres músicos deron tan bos resultados que finalmente o soño se fixo realidade.

También te puede interesar