_agenda Agenda

Conservar a memoria pode conseguirse con 40 fotografías

Un percorrido polas fábricas de conserva e salazón contruídas á beira do mar galego entre os séculos XIX e XXI, a maioría xa en ruínas, valéronlle gañar a II Bolsa de Creación Fotográfica: O Mar, un certame organizado por o Museo do Mar de Galicia e o Centro de Estudos Fotográficos. Así que Xosé Anxo Fontenla Chas, ademáis de gañar unha bolsa de 3.000 euros, exporá no museo de Alcabre as 40 imaxes na mostra ‘Conservar a memoria’, un achegamento ao mundo da conserva que serve como reflexión sobre a importancia de coñecer a historia galega e poder valorar o patrimonio industrial da costa.

A exposición inaugurarase esta tarde (20 horas) na sala permanente do Museo do Mar, onde permanecerá ata o vindeiro 3 de abril. Fiel reflexo da evolución na construcción industrial ao longo dos últimos anos, nas instantáneas pódese comprobar como as primeiras fábricas presentábanse moito máis integradas no medio e posuían unha estética moi coidada, mentres que nas máis recentes prima a funcionalidade fronte ao deseño. Este fotógrafo pontevedrés foi recollendo imaxes empregando o método da escola alemá de Düsseldorf, onde fotografían as paisaxes urbanas e as industrias cunha técnica moi coidada na que ten especial relevancia a profundidade da escena.

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, Chas especializouse en Fotografía de Arquitectura no Institut d’Estudis Fotografics de Catalunya no 2005 e xa participuo en varias exposicións colectivas, como a do VI Premio Auditorio de Galicia para novos artistas (Santiago de Compostela, 2009), a do Arquitectures i espais (Barcelona, 2007) ou Malas Artes Arquetrabes (Vigo, 2003).

También te puede interesar