Galicia

Iso non mo dis no debate…

De un a sete días. Así será a nova edición de ‘Parlamento Xove’, unha iniciativa na que estudantes de 4º da ESO e Bacharelato participan nunha competición de debates por equipos e que nesta ocasión contará cunha fase clasificatoria por provincias na que os dous mellores equipos pasarán á final.

Pensado para fomentar o diálogo entre a mocidade argumentando ideas propias, os equipos deberán investigar, escribir e debatir a favor ou en contra dos temas seleccionados, que nesta edición serán distintos para a fase clasificatoria e para a final. O ano pasado o debate centrouse sobre as redes sociais como elemento de unión ou desunión.

As fases finais desenvolveranse no mes de xaneiro, entre o 21 e o 30 dependendo da provincia, mentres que a final celebrarase o 26 de febreiro. Os interesados poderán inscribirse ata o 12 de xaneiro chamando ao 981 545 822 ou ao 981 541 689. Poderán participar ata 32 equipos e os gañadores optarán a premios especiais cos seus artigos de opinión e dossieres de investigación, que nesta ocasión non serán eliminatorios.

También te puede interesar