Vigo al minuto

Peche ao tráfico de Carral e Marqués de Valladares

señalPor mor das obras de reparación de adoquinado, dende o xoves e por un período de dúas semanas, estarán pechadas ao tráfico as rúas Carral e Marqués de Valladares, con acceso só a garaxes, hoteles e taxis.

Segundo informa a Concellería de Mobilidade, os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas García Olloqui (en dobre sentido), Praza de Compostela (en dobre sentido) e Reconquista ou Colón. Mentres dure a obra, establécese dobre sentido nas rúas García Olloqui e Compostela e, para garantir o acceso á rúa Marqués de Valladares (entre Fermín Penzol e Carral e Reconquista) e os autorizados ao Casco Vello, establécese sentido único, cara a Carral, na rúa Victoria.

Ademais, este mércores se procederá ao asfaltado de Pi y Margall, entre as rúas Chile e López Mora, recuperándose o tráfico a partires das 19-20 horas.

También te puede interesar