Galicia

Os accidentes laborais graves descenden un 24 por cento

siniestralidad-laboral

Aínda que soamente son cifras do mes de setembro, os números dan motivo para a ledicia. Os accidentes laborais que causaron baixa en setembro aumentaron en Galicia preto dun 3,7 por cento, mentres que os sinistros considerados graves baixaron un 24,1 por cento ata chegar a sumar 44 accidentes. Así, o mes pasado houbo 3.428 sinistros, máis de 114 accidentes ao día e casi 200 máis que en setembro de 2009.

Sen embargo, o 98,4 por cento dos accidentes producidos nun entorno laboral foron de carácter leve, mentres que o 1,2 por cento foron graves (44) e apenas o 0,29% mortais (10).  Por sectores, o millor parado foi o da construción, no que se reduciu máis dun dous por cento os sinistros, mentres que a pesca tivo un perigoso aumento de case o 15%. Séguenlle nese incremento o sector servizos, con case un 8 por cento máis de accidentes, a agricultura (2,4%) e a industria (1,9%).

En canto ás provincias, a peor parada é a de Pontevedra, cun aumento da siniestralidade laboral de máis do 22 por cento. Tamén houbo unha subida na provincia de Lugo, cun 6,12 por cento máis de accidentes. Por en, nas provincias de Ourense e A Coruña a siniestralidade no traballo diminuíu un 8,4 e un 5,7 por cento, respectivamente.

También te puede interesar