Destacados Vigo al día

En dúas semanas Vigo está de saldo

E non porque se venda a calquera, senón porque encherá o Ifevi con 70 firmas que 0 16 e 17 de outubro sacarán os seus stocks a precios máis que asequibles. Será na terceira edición de ‘Stockaxe’, que espera superar os 22.000 visitantes do ano pasado e axudar así “ao pequeno e mediano comercio nun momento de dificultades económicas”. Estarán presentes comercios do textil, de calzado, droguería, mobles e decoración, xoiería e óptica que encherán 9.0000 metros cadrados.

Este ano ampliarase o espacio dedicado a gardería e manteranse os menús a prezos asequibles así como un prezo simbólico da entrada á feira (un euro para maiores de 13 anos e de balde para os que teñan menos de 12) para garantir a afluencia de visitas e facilitar a realización de compras.

También te puede interesar