Deportes Vigo al día

Coruxo e Lobelle, un cara a cara no Cidade de Vigo de fútbol sala

O espectáculo promete. O F.C. Coruxo e o Lobelle Santiago serán os protagonistas do Trofeo Cidade de Vigo de Fútbol Sala que se disputará este mércores (21 horas) na pista central do polideportivo de As Travesas, onde o equipo vigués estreará adestrador.

Mentres, o equipo compostelano estará en Vigo para agradecer á cidade o apoio prestado na Supercopa de Europa do pasado mes de xaneiro. O Lobelle ten un vigués nas súas filas que chegou ao clube con 16 años e que agora é internacional absoluto e participará no campus gratuito de fútbol sala que se celebrará en As Travesas antes do encontro (18 horas).

También te puede interesar