Deportes Destacados

O Kayak Tudense proclámase vencedor por clubes no Campionato de España de Pista

El podium de la categoría Home Senior C1.
El podium de la categoría Home Senior C1.

O encoro de Pontillón do Castro, Verducido, era o esceario escollido para as finais de 200 metros que marcaban o remate do Campionato de España de Pista, que se viviu nese escenario durante os últimos tres días. O Club Kayak Tudense conseguía o ouro na clasificación por clubes desta competición, con 2.307 puntos, seguido do Náutico de Sevilla (1.226) e o Piraguamadrid (1.020). O Clube As Torres Romería Vikinga de Catoira facíase cun meritorio cuarto lugar, con 993 puntos.

Logo dunha primeira xornada de contrarreloxos e finais, onte foi moi produtivo para os padexeiros galegos, que estiveron presentes na maioría dos podios correspondentes ás finais de 500 e 1.000 metros. Hoxe era a quenda dos 200 metros (semifinais e finais) e os nosos piragüistas continuaron demostrando o seu bo facer, de xeito que estes foron os catorce podios aos que subiron na distancia de 200 metros.

Na categoría Home Xuvenil C-1 acadaron o podium A. Manuel Lobato, de As Torres (ouro) e Alejandro Conde, de Unión Boiro Rianxo (bronce); en Muller Xuvenil K-1, Tania Fernádez, do Fluvial de Lugo (ouro); no Home Sénior K-1, Nicolás Don de Piragüismo Aldán (bronce); en Home Sénior C-1, o cangués David Cal, do Club de Mar Ría de Aldán (ouro) e André Oliveira, do Firrete (bronce); en Muller Sénior K-1, a tamén canguesa Teresa Portela, do Club de Mar Ría de Aldán (ouro); no Home Xuvenil K-2, Diego Dacosta e Javier Rouco, do Club de Mar Ría de Aldán (ouro); en Home Xuvenil C-2, Luis Morais e Adrián González, do Kayak Tudense (prata), e A. Manuel lobato e Diego Miguens do Club As Torres (bronce).

Mentres, en Muller Xuvenil K-2, Valeria Romero e Carla Pérez do kayak Tudense levaron ouro; en Home Sénior K-2, Rodrigo Tiebo e Carlos Pérez do piragüismo Aldán (ouro); en Home Sénior C-2, Yeray Picallo e André Oliveira, do Firrete, acadaron ouro e Cristian Ribadomar e Jacobo Domínguez, do Breogán, prata; en Home Xuvenil C-4, A. Manuel Lobato, Anxo Galbán, Brais Martínez, Diego Miguens, de As Torres, levaron ouro e Luis Morais, Adrián González, Carlos Méndez, David Casaleiro, do Tudense, bronce; en Muller Xuvenil K-4, Silvia Rodríguez, Valeria Romero, Carla Pérez, Paula Castro do Tudense (ouro); en Home Sénior K-4, Rodrigo Tiebo, os equipos de Carlos Pérez, Rodrigo Germade, Roberto Abal, do Club Piragüismo Aldán (ouro) e de Javier Rodríguez, Roberto Rodríguez, Jovino González, Joan Ardit, do Tudense (bronce); e en Home Sénior C-4, Cristian Ribadomar, David Mascato, Damián Ramos,Jacobo Domínguez, do Breogán (ouro).

También te puede interesar