Galicia

Os que padecen do corazón, os VIP das listas de espera do Sergas

Case dous meses e medio. Iso é o que teñen que esperar os que están pendentes dunha ciruxía nalgún dos hospitais públicos do Sergas, seis días menos que no trimestre anterior, según avanzou hoxe o Servizo Galego de Saúde.

Unha media que baixa considerablemente en función da urxencia da patoloxía: os de prioridade 2 pasaron a estar na lista de espera 61,7 días (7,2 menos desde marzo) e os de prioridade 1 apenas 20,8 días. Aínda que dentro desta categoría tamén hai distincións e os que menos teñen que esperar son os de cirurxía cardíaca (8,6 días), maxilofacial (11,4 días) e plástica e reparadora (13,8 días).

Nos últimos tres meses fixéronse máis de 300 operacións diarias, un 11 por cento máis que o ano anterior, polo que a lista de espera rebaixouse en 590 pacientes ata os 36.180 en xuño.

Máis consultas

Se estás anotado nalgunha lista do Sergas para acudir ao especialista, a espera media é de 61,1 días, rebaixando sobre todo naquelas especialidades na que eran máis longas, como xinecoloxía, con 19 días menos de espera. Aínda que a maior reducción dos tempos de espera para facer probas produciuse nas endoscopias dixestivas, cun aforro de case 74 días, a pesares do que se teñen que esperar uns 3 meses para realizala. Tamén houbo menos demora en radioloxía mamaria (47,4 días menos), estudo endocrino (37,3 días menos) e estudos urolóxicos (28 días menos).

E, no último ano, o Sergas fixo por riba das estadísticas anteriores 1.197 consultas, 21.520 radiodiagnósticos convencionais, 7.182 TACs, 5.625 endoscopias dixestivas, 4.052 electrocardiografías e 4.268 resonancias magnéticas.

También te puede interesar