Destacados Vigo al día

Un simulador de voo, primeira actividade do Festival Aéreo

Festival aéreoO programa de actividades do Festival Aéreo de Vigo iníciase o xoves cunhas xornadas de simuladores de voo que estarán abertas ao público na zona de informática de El Corte Inglés. Pero a novidade de este ano será o primeiro Concurso de Fotografía dirixido aos numerosos espectadores que están presentes no festival.

O premio será para a mellor serie de fotografías cun mínimo de 5 e un máximo de 10 imáxenes sempre e cando cumpra os seguintes requisitos: ser maior de idade e con equipo fotográfico dixital, a temática cinguirase ás aeronaves que participen no FAV, sempre en voo, ben en ensaios ou nas exhibicións oficiais.

Ademáis as bases do concurso recollen tamén que se admitirán fotografías de avións ou helicópteros que participen no festival estacionados en terra, só se a organización as autoriza nas condicións e lugares previamente determinados ao efecto.

O soporte para presentar as imaxes será un CD dixital, en formatos jpg ou tiff, no que se faga constar por escrito un lema. Nun sobre pechado farase constar tamén por escrito o mesmo lema co que se titula o CD. Tamén haberá que incluir o nome, apelidos, fotocopia do DNI, a sinatura e un teléfono de contacto. O periodo de entrega é desde l 19 ao 23 de xullo.

Otorgaránse un único premio e dous accésit que recibirán 150 € e 75 €, respectivamente. Ademáis o xurado valorará as fotografías que resalten a beleza das aeronaves, a beleza do avión no entorno da bahía de Vigo, así coma o interés do público nos ensaios e exhibicións.

Servizo de lanzadeiras
Entre as medidas de tráfico adoptadas na Xunta de Seguridade do FAV acordouse que xa a partires das 08:00 horas da mañá do día 18 de xullo comence a funcionar o servizo de lanzadeiras de Vitrasa desde os puntos máis importantes de Vigo, con frecuencias que oscilan entre os 5 e os 15 minutos. Estas lanzadeiras irán ata a Praza de América que enlazarán con Samil cunha frecuencia de dous minutos.

Zona
Ramón Nieto, frecuencia de 15 min
Genaro de la Fuente, frecuencia de 10 min
Travesía de Vigo (con B. Aires), frecuencia 15 min
Travesía de Vigo (Llorones, frecuencia 5 min
Urzáiz, frecuencia de 15 min
García Barbón, frecuencia de 15 min
Policarpo Sanz, frecuencia de 7 min
Praza de España, frecuencia de 7 min
Praza de América, frecuencia de 2 minutos

También te puede interesar