Agenda Cultura

Música e humor fanche un oco en A Estrada

E de balde. A primeira edición do festival Rock & Clown chega coa música de Elliot Murphy, Tulsa, Nacho Vegas, Sonic Angels e The Right Ons e co bo humor de Leo Bassi e de Elliot Jenicot. Será a partir das 19 horas na Praza da Feira de A Estrada con explosións, incendios, punks de 5 metros, moteiros, loitas de DJs enloquecidos, bolas xigantes, esqueletos, diaños e moito rock&roll!

Este novo festival nace conxugando sen complexos música e humor, toma a irreverencia, a provocación, o descaro, a alegría e todo canto teñen de espontáneo o rock e o clown neste peculiar maridaxe. Música con cinco formacións de carácter moi persoal e diferenciado mesturado cunha disciplina de alto risco, o clown, onde o artista xoga coa imaxinación, coa complicidade do público e coa improvisación para facer rir.

O salvaxe e provocador Leo Bassi fará reflexionar sobre temas a priori non tan simpáticos, mentres que Elliot Jenicot fará un repaso aos clichés do mundo do rock a través da mímica cunha habilidade pasmosa no seu ‘Rock Comedy Show’. E para completar o programa música, danza, teatro sobre zancos e moita diversión coas ‘Calaveras e diablitos’ de Pedrito Diablo e Los Calaveras. Dous mariachis zancudos baténdose en duelo polo amor de Lupita con Pancho Pistolas como árbritro.

Demostra que os vellos rockeiros nunca morren!

También te puede interesar