Deportes Galicia

Xornada de éxitos galegos en Trasona

A segunda medalla para España chegou esta mañá da man de Teresa Portela na proba que os padexeiros españois están disputanto en Trasona. A canguesa conseguíu bronce na modalidade de K-1 nos 200 metros da proba feminina, tras a húngara Natasha Janics e a polaca Marta  Walczykyewicz.

Clasificatorios

A xornada de probas clasificatorias e semifinais para 200 metros foi unha sesión na que os padexeiros demostraron, unha vez máis, o bo nivel do piragüismo galego xa que co seu esforzo contribuíron a que o equipo nacional colocara na final a catro das cinco categorías nas que competía.

A primeira en deixar claro o seu alto nivel competitivo foi Teresa Portela, que acadou a clasificación directa á final de hoxe tras impor o seu K-1 nun sprint que ela mesmo dominou dende o primeiro momento. Logo, Carlos Pérez, xunto con Saúl Craviotto, quen non ata esta competición non prepararan esta distancia, fixeron un crono de 32”343 que os levou ao primeiro posto e, xa que logo, quedaron automaticamente colocados nunha final da que son auténticos candidatos a obter medalla.

Tamén o barco composto por Jacobo Domínguez e David Maquieira estará na final logo da súa boa actuación na proba de C-2. Pena foi que André Oliveira rematou nun 4º posto por tan só sete centésimas de segundo que o afastaron das súas ilusións de chegar á final.

También te puede interesar