_agenda Agenda

Pirilín e o bosque misterioso, en ‘Vigo a escena’

O programa ‘Vigo a escena’ trae un novo espectáculo esta tarde, nesta ocasión a partires das 18 horas á SCRD Nautilus de San Andrés de Comesaña con ‘Pirilín e o misterio do bosque’. Son as aventuras dun trasno habitante do Bosque das Mil Árbores que intenta impedir os plans da malvada meiga Mengalla, unha meiga que pretende destruír o bosque para fabricar unha fogueira xigante para a festa da raíña das meigas. Pirilín terá que usar todo o seu enseño para protexer o Bosque e ás criaturas máxicas que viven nel.

O máis peculiar desta obra de teatro é que o público infantil participa na posta en escea. Antes de comezar a actuación os nenos e os pais poderán pintar os decorados da obra coa axuda da orientación dos monitores, que facilitarán todos os materiais necesarios.

También te puede interesar