Agenda Comarcas

Ollo, que os monicreques poden estourar

'Rúa aire', da compañía El Retrete de Dorian Gray.
'Rúa aire', da compañía El Retrete de Dorian Gray.

Venres pola tarde e Redondela xa está a medias na rúa para desfrutar do Festival de Títeres. Aínda que os espectáculos de balde comezarán aínda mañá, esta tarde para abrir boca xa tempos algunha cousilla da que poidan disfrutar os máis pequechos, como o obradoiro infantil de construcción de títeres que se levará a cabo de 17 a 20 horas na rúa Meixón Frío e que fará as delicias dos máis mozos da casa. Ás 18 horas, na Tenda da Candelaria, entregaranse ademais os premios do concurso de construcción de títeres.

E a partir das 21 horas, o Multiusos da Xunqueira volve a acoller unha obra para nenos maiores de 5 anos a cargo da compañía galego-catalana El retrete de Dorian Gray. E chegan a Redondela con ‘Rúa Aire’, unha renovación e unha corrente de aire fresco no panorama teatral e de monicreques iniciada pola compañía na súa peza ‘Ne me quitte pas’, baseada na construción de monicreques con globos e que agora amosa un pesadelo de viaxe polas entrañas dunha máquina de procesado de globos, polos resortes da fantasía que demostrarán que non é tan doado como parece ser globo.

En co-produción co Centro Dramático Galego, o espectáculo presenta unha vetusta máquina de procesado e inflado de globos, dous operarios co seu xefe de baixa por depresión e unha xénese nada máis comezar: un puñado de globos emperrados en vivir, unha ducha accidentada, unhas malvadas tesoiras de ideas fixas, o vento que chama á porta, un país vítima dunha praga de bolsas de prástico, unha bomba neumática con patas… O entretemento está asegurado.

E para poder estar ao cen por cen no festival mañá terás que ter a axenda ben libre, xa que as actividades comezan ás 12 horas e durarán durante todo o día con marionetas, títeres, música e moita troula.

También te puede interesar