Agenda Comarcas

Estes cans só ven bo cine

Foto: Festival de Cans.
Foto: Festival de Cans.

A sétima edición do Festival de Cans xa está quentando motores. Á espera de que chegue o prato gordo a fin de semana, que se prevé de troula rachada, a vila comeza a amosar do que é capaz. Hoxe a festa comezará no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño a partires das 19 horas co reestreno no décimo aniversario de ‘Last Patrol’ en versión orixinal con subtítulos en castelán. Unha mediometraxe de culto dirixida por Cora Peña, que fai dez anos proxectouse por primeira vez no cine Fraga. Un cruce entre cine bélico tipo ‘Objetivo Birmania’ e as óperas rock dos 70, unha parodia e homenaxe con múltiples referencias a bandas sonoras e coa particularidade de estar rodada nun inglés de aquí, con construccións verbais e acento galego. E non podes perder ollo á descacharrante relación entre o que din e cantan os actores e os subtítulos que aparecen.

Tras o reestreno é a quenda do equipo técnico e dos actores que protagonizan o estreno da xornada, el documental ‘El mono Paco‘. Un desfile en chimpín que comezará as 20:30 horas e rematará media hora despois coa proxección do filme de Piño Prego. Para quen aínda non coñeza ao protagonista, o documental conta a historia dun mono africano traído a Galicia por un mariñeiro de Redondela e que foi noticia hai xa dúas décadas pola súa desmedida adición ao sexo que provocou unha importante polémica entre políticos, ecoloxistas e feministas. Agora Prego recupera a súa historia para falar dunha época de tránsito entre dúas sociedades (a do tardofranquismo e a da democracia) cunha morea de caras coñecidas pasando pola pantalla: Míchel Salgado, Manoel Soto, Nico Pastoriza, Eduardo Rolland, Jorge Cabezas, Antón Reixa, Iván Ferreiro, Manuel Manquiña, Julián Hernández, Silvia Superstar, Tony Lomba…

Xa é de noite

A pesares de ser xoves a festa continúa tras as proxeccións e con un dos pratos fortes: a inauguración da Can Parade, onde a imaxe do festival, o Can de Cans, é intervido por novos creadores emerxentes nunha versión canina da famosa Cow Parade. Será a partir das 22:30 horas no Bar Tubulart de O Porriño, onde desfrutar de obras de artistas da comarca da Louriña e da zona de Vilanova da Cerveira. A mostra, que se inaugurará na rúa Pío XII do Porriño poderá verse o sábado en Cans.

Tras o momento artístico chega ás 23 horas a proxección de videoclips do Norte de Portugal (Cans na Raia-Creativa) e ás 23:30 h o concurso de videoclips presentado polo actor Ricardo Barreiro. A partir das 00:30 horas haberá sesión dj con Florent y yo, que promete rebeldía e emoción nunha sesión persoal que conxugará con elegancia os sons máis novos do pop e da electrónica. E mañá moito máis!

También te puede interesar