Comarcas Cultura

Cóntame un conto á beira do Miño

O portugués Jorge Serafim.
O portugués Jorge Serafim.

A palabra é a protagonista esta noite (21:30 h) no Teatro Municipal de Tui co espectáculo ‘Noite de contos’ a cargo do galego Quico Cadaval e do portugués Jorge Serafim. Podes conseguir a túa entrada por entre 3 e 4 euros para unha velada única na web ata primeira hora da tarde ou desde as 20 horas no despacho de billetes.

Os protagonistas

Quico Cadaval é  un polifacético artista, xenial narrador de historias, actor, adaptador teatral e director. En Tui presenta ‘Do popular ao culto: Autoestradas e corredoiras’. Con esta contada pretende demostrar que a circulación entre o popular e o culto é máis fluída do que algúns sospeitan e moitos desexaran. Apunta que convén reconsiderar o papel do pobo como axente cultural nisto que se deu en chamar modernidade.

Mentres Jorge Serafim é un afamado contador de historia que percorreu Portugal de norte a sur, incluíndo as Azores. Ten participado en encontros de contadores en España, Arxentina e Canadá, e a súa presenza é habitual en programas da SIC e na RPT1. No seu haber figuran varios libros coma ‘A.Ventura’, ‘A sul de tí’ e ‘Estórias do Serafim’. Jorge Serafim no seu espectáculo di que “conto para apagar os silencios fondos” e para “que todo ao meu redor sexa máis bonito”.

También te puede interesar