_agenda Agenda

Pintura, danza e présas para pechar o ‘Alt.10’

A obra dos valencianos Vero Cendoya 'Bodegones del alma'.
A obra dos valencianos Vero Cendoya 'Bodegones del alma'.

O Festival alternativo de artes escénicas de Vigo ‘Alt.10’, chega hoxe a o seu punto e final. Antes de voltar en verán á illa de San Simón, esta novena edición quere despedirse demostrado que a porta do escenario está aberta a moitas posibilidades e a un tipo de traballo menos convencional e máis arriscado, exento de estrelas de televisión e de discursos fáciles e vendibles.

A despedida comezará ás 20 horas no Marco coa compañía catalana Vero Cendoya, que representará ‘Bodegones de un alma’, un espectáculo de danza, vídeo e pintura que fala da alma como motor xerador da arte pon o seu punto de atención no apego, a perda e a soidade compartida. Unha linguaxe única co que a pintura , a danza e o cine conversan sobre os asuntos da alma.

A derradeira obra chegará de mans da compañía andaluza Mandaíto Producciones. Ás 21:30 horas na Casa das Artes poderase ver ‘Días, pasan, cosas’, unha colección de imaxes poderosas, unha paisaxe construída a partir de distintas linguaxes, acrisoladas pola danza e o corpo, que invita á contemplación e a espertar os nosos sentidos. Todo nunha época caracterizada pola aceleración, a velocidade e a inmediatez de resposta, a toda présa hacia ningún sitio.

You may also like