Galicia

Feijóo pediulle á ministra de Sanidade compromiso cos dependentes, maior financiación sanitaria e melloras no PIF de Vigo

Feijóo y Trinidad JiménezO presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, apostou, este mediodía, durante unha reunión coa ministra de Sanidad y Política Social, Trinidad Jiménez, pola aplicación efectiva da Lei de Dependencia a través da cofinanciación e corresponsabilidade financeira de Estado e Xunta. “É necesario elevar os niveis mínimos de financiamento do Estado para cada nivel de dependencia, de xeito que se faga realidade a corresponsabilidade de sufragar ao 50% os custes”, aseguró Feijóo.

 Aínda que recoñeceu a dificultade, presidente subliñou que o reto é cumprir a lei e asegurou que “o goberno galego está a facer todo o esforzo posible por acelerar as valoracións e pagar aos dependentes. Neste senso, lembrou que, desde que o novo Executivo autonómico chegou ao poder, o número de dependentes atendidos incrementouse nun 64% respecto ao período previo.

Biotoxinas 

Os cambios na normativa europea sobre a presenza de certos tipos de biotoxinas en moluscos foi outro dos temas abordados. Sobre este asunto, Feijóo avanzou que, segundo os datos proporcionados polo Ministerio, non vai haber modificación nos niveis actuais de biotoxinas se non hai un consenso previo entre os países da Unión Europea e os Codex. “O Ministerio se comprometeu a traballar para que tampouco cambie o método e a aproveitar a presidencia da Unión Europea para que non entre en vigor e se lle poda dar, así, estabilidade a un sector vital na economía galega”.

Financiación sanitaria 

O presidente da Xunta transmitiulle, tamén, á ministra a necesidade de garantir a sostenibilidade financeira do sistema sanitario público. “Os recursos asignados ao sistema sanitario non son suficientes para o nivel e o ritmo de crecemento do gasto sanitario polo que é imprescindible que demos o tratamento necesario, que non é outro que a sostenibilidade financeira”, afirmou.

PIF de Vigo

 A necesidade de solucionar os problemas que rexistra o Posto de Inspección Transfronteiriza (PIF) do Porto de Vigo foi, por último, outro dos temas tratados na xuntanza. Neste senso, o presidente do Goberno galego congratulouse de que o Ministerio comparta a preocupación e agradeceu que se incrementase en oito o número de inspectores, rebaixando en parte os retrasos, pero indicou que é necesario rebaixar os prazos de inspección ate establecelos entre 24 e 48 horas.

  

También te puede interesar