Vigo al día

Pouco ruido e moitas noces?

 

 

ruidoHai menos ruido. A lo menos eso pensa a Comisión Municipal que se ocupa deste tema e que califica a situación coma de “mellora substancial”. Os compoñentes da me sma, os concelleiros de Seguridade e Urbanismo, Xulio Calviño e José Mariño respectivamente, participaron xunto á edil de Medioambiente, Chus Lago, na súa exposición das medidas adoptadas polo goberno local cara a eliminación do ruido. Na Comisión, aberta a todas as entidades que o desexen, estiveron presentes representantes dos tres grupos municipais, dos sindicatos, da Asociación Viguesa contra o Ruido e de distintas Asociacións Veciñais.

 A concelleira asegurou que “este goberno ten feito en pouco máis de dous anos dez veces máis que o anterior en catro anos”, e puxo como exemplo que o seu departamento xa superou na actualidade o número de expedientes tramitados polo anterior goberno local durante todo o mandato.

  

 Dentro das medidas adoptadas contra o ruido, Chus Lago destacou a aprobación das Zonas Acústicamente Saturadas (ZAS) e do mapa de ruidos, a tramitación xa en marcha dun plan de acción ao respecto, a prohibición do botellón e a maior vixilancia do cumprimento dos horarios establecidos aos locais nocturnos.

   

 Sobre este último punto, a edil socialista ofreceu datos das infraccións impostas a locais nocturnos e tramitadas á Consellería de Presidencia -que ostenta a competencia neste campo-: en total, 62 denuncias en 2006, 55 en 2007, 98 en 2008 e 178 no que levamos de 2009.

   

 A ‘lei seca’ extenderase a Praza de España, Gran Vía, Lepanto e García Barbón

 Sumado a estas actuacións, a concelleira de Medioambiente explicou que actualmente atópase en periodo de alegacións a prohibición de venda de alcohol en establecementos comerciais das 22 ás 9 horas dos venres, sábados, festivos e vísperas de festivo, no perímetro que abrangue a Praza de España, Gran Vía, Lepanto, Alfonso XIII, García Barbón (ata Isaac Peral), Areal, Concepción Areal, Montero Ríos, Cánovas del Castillo, Beiramar (ata a rúa Coruña), Coruña, Praza de América e Gran Vía de novo ata a Praza de España.

 

 

También te puede interesar