Vigo al minuto

Os agricultores venden hoxe patacas a prezo de custo na Porta do Sol

PatatasSe quere comprar patacas a un prezo xusto e contribuir a que os agricultores reciban por elas o que merecen, poderán facelo hoxe ás 12 e media na Porta do Sol. O Sindicato Labrego Galego protestará deste xeito polo pouco que se lles paga os productores, 4 céntimos o kilo, cando, cando menos, custa 12 cultivalos e están nas fruterías e grandes superficies a máis de 60.
A central sindical pregúntase coma é posible que se hai unha baixada na producción europea de pataca, vendeuse un 2% máis e medrou o consumo por qué Baixo o seu prezo? Os agricultores salientan que aceptar os 4 céntimos o quilo que lles ofertan supón “directamente a ruína” xa que co recibido non poderán nin pagar os custos da vindeira campaña. Do mesmo xeito, sinalan que hai milleiros de toneladas de patacas almacenadas, que logo comezarán a agromar e, polo tanto, non poderán venderse.

O SLG denuncia que as multinacionales de distribución de alimentos e os grandes centros comerciais “están a aplicar unhas marxes de comercialización do 1.500%” e reclaman da Xunta que traballe por convenios xustos, accións de promoción e denuncias e rematen “ con esta extorsión os productores e estes marxes de usura os consumidores”.

 

 

También te puede interesar