Vigo al minuto

O zoo pasa de estar a piques de pechar a ser un referente nacional

MonoA concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou este venres un informe sobre VigoZoo elaborado por unha prestixiosa empresa externa , Wildwets, que, como conclusión principal, garante que o recinto vigués cumpre coa legalidade.

En rolda de prensa, Chus Lago asegurou ter encargado este novo informe para coñecer, de mans dos expertos, a situación do zoo e o seu grado de cumprimento da lei. O resultado do estudo arroxa que “este zoo cumpre coa lei”, polo que agarda que o que está a elaborar a Xunta de Galicia sexa tamén favorable e definitivo.

Segundo detallou a edil, o informe recoñece as melloras realizadas, en proceso e en planificación do VigoZoo e indica que o recinte garante a seguridade dos animais e dos visitantes. O texto tamén valora a adaptación paisaxística dos distintos espazos, que está xa en marcha, e o bó trato e as axeitadas instalacións dos distintos exemplares animais.

Por outra banda, a auditoría externa estima de xeito especial a laboura pedagóxica e de sensibilización que realiza VigoZoo e que sitúa ao parque de Vigo como “referente” a nivel estatal, segundo afirmou Chus Lago.

A concelleira indicou que este informe recoñece o esforzo municipal na mellora do zoolóxico vigués, e recordou que, nos dous últimos anos, a Concellería que dirixe investiu sobre un millón de euros en melloras de VigoZoo.

También te puede interesar