Comarcas Galicia

Bota a andar ‘Mexilón solidario’

Esta iniciativa busca repartir arredor de 12 toneladas de mexillón de calidade entre 24 comedores sociais e cociñas económicas de toda Galicia.

mexilónsA Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos, veñen de poñer en marcha  “

Mexillón Solidario”. A iniciativa, xurdida a raíz da proposta de varias asociacións de bateeiros que solicitaron a colaboración da Xunta, céntrase en repartir arredor de 12 toneladas de mexillón de calidade entre 24 comedores sociais e cociñas económicas de toda Galicia. Con esta cantidade serviranse preto de 24.000 comidas.

A Consellería do Mar decidiu apoiar ás 9 asociacións de produtores de mexillón e ás depuradoras de moluscos integradas na Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos (AGADE), contribuíndo á organización e difusión da campaña. Pola súa banda, a Consellería de Traballo e Benestar axudou a poñer en contacto ás asociacións de bateeiros con centros benéficos de toda a comunidade para organizar o subministro deste molusco segundo as necesidades destes establecementos. OPMEGA, FARN, Cabo de Cruz, AMEGROVE, SOCOMGAL, Virxen do Rosario, Illa de Arousa, A Marxa, A Boirense e a asociación de depuradores AGADE, uniron esforzos para chegar a un acordo no reparto altruísta de mexillón.

O subministro deste molusco realizarase cada quince días durante os seis meses que inicialmente se prevé que dure a campaña. Esta frecuencia e duración poderían variar en función da demanda dos establecementos e a dispoñibilidade das entidades. AGADE será a encargada de coordinar o abastecemento ás depuradoras así como a entrega das partidas de mexillón aos centros benéficos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.