Comarcas

Tui xa luce o Nadal

Alumeado de Nadal en Tui.
Alumeado de Nadal en Tui.

Tui loce xa o alumeado de Nadal

que foi acendido o pasado martes, 8 de decembro, e que iluminará a cidade nestas datas até o 6 de xaneiro. Un ano máis o alumeado é espectacular e chama a atención tanto dos tudense coma dos visitantes da cidade.

O concello investiu neste alumeado 48.546 euros considerando que o mesmo repercute favorablemente no comercio local coma explicaba o Concelleiro de Cultura e Facenda, Moisés Rodríguez. 

En total instaláronse 132 arcos ou motivos en case unha trintena de rúas da cidade. Nos mesmo empréganse lámpadas led que consumen un 80% que a bombilla tradicional, co que se baixa significativamente o consumo eléctrico. Compre salientar que este ano incrementáronse o número de rúas iluminadas cara a zona nova da cidade. Estrelas e anxos dominan nos motivos colocados, que se complementan coa iluminación das árbores do Paseo da Corredoira con pequenas bombillas e con outras que semellan estrelas fugaces. Un ano máis chama a atención o Palco da Música, ou o abeto situado na intersección entre o Paseo da Corredoira e a Avenida da Concordia con máis de 200 estrelas de microlámpadas.
A iluminación navideña vén acompañada amais de ambientación musical nas rúas, o que contribúe a ambientar estas datas. 
Moisés Rodríguez destaca que “o alumeado sorprendeunos a todo” eloxiando a súa vistosidade. Fixo fincapé que pese a situación de crise consideran que o alumeado de Nadal é un investimento que repercute positivamente no comercio local  e no ambiente da cidade afirmando que “eu creo que é necesario”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.