Deportes Destacados

Karatekas de toda España cítanse no Trofeo Cidade de Vigo

Presentación do Trofeo Cidade de Vigo de Kárate
Presentación do Trofeo Cidade de Vigo de Kárate

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, avanzou hoxe que o XI Trofeo Cidade de Vigo de Kárate terá lugar este sábado 28 de novembro, no pavillón do Berbés, a partir das 16.30 horas. Organizado polo clube A.D. Zanshin, ao que Xabier Alonso agradeceu o seu esforzo e traballo continuados, a competición disputarase nas categorías infantil, xuvenil, cadete, xunior, sub-21 e senior e nela participarán clubes procedentes de todo o estado.

«Dende a Concellería de Deportes traballamos para que todas as especialidades deportivas teñan a oportunidade de organizar o seu correspondente Trofeo Cidade de Vigo», salientou o edil do BNG. Neste sentido explicou que estas competicións se valora de xeito positivo que aposten polo deporte de base, participen clubes e equipo de diversa procedencia e que nelas teñan cabida tanto a vertente masculina como a feminina.

O responsable do clube A.D. Zanshin, Fernando Álvarez, indicou que o Trofeo de Vigo de Kárate é un evento dunha «gran solera», posto que reunirá a participantes «moi representativos» nos ámbitos galego e estatal. Asemade, destacou que a competición conta cun recoñecemento «incluso no eido internacional».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.