Cultura

Os traballadores de La Región seguen erre que erre contra o ERE

protesta_laregion_casedechocolate_verticalSegundo informa o Sindicato Galego de Xornalistas, o Comité de Empresa e os sindicatos de o diario La Región reuníronse co delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez. Na xuntanza, o Comité debullou as claves do ERE co que a empresa quere botar 35 traballadores malia recoñecer que deu 188.000 euros de beneficios en 2008. Ademais a compañía admitiu recentemente nas páxinas do propio xornal  que “o diario ourensá é, como avalan as súas contas, unha empresa rendíbel, que arroxa beneficios” .

Sen plan de viabilidade

A empresa aínda non presentou un plan de viabilidade no que se poña de manifesto que co ERE se garante a viabilidade e futuro do xornal. Ademais, e posto que á xuntanza tamén asistiu o xefe da Consellería de Traballo en Ourense, solicitouse que a Administración sexa imparcial e obxectiva.

La Región admite que tivo que pagar 700.000 € por recargos e multas

O Comité demanda que a Xunta analice detalladamente toda a información que presenten os sindicatos. Os mandatarios comprometéronse a facelo así porque «nós tratamos por igual a tódalas empresas». Outro dos puntos analizados foi como a mala xestión derivou na situación actual. A propia empresa recoñeceu nunha das reunións co Comité que só en 2008 pagaron 700.000 euros a Facenda por recargos e multas que deberan ter abonado no pasado.

Protesta diante do edificio da Xunta

Mentres duraba a xuntanza uns 60 traballadores concentráronse diante do edificio administrativo da Xunta en Ourense como medida de apoio contra o ERE. O Comité xa prepara novos actos de protesta continuarán en vindeiros días, dos que informará a través da súa web erelaregion.wordpress.com e do seu grupo no Facebook.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.