
Un incendio forestal declarado a madrugada pasada no concello ourensán de Punxín permanece activo e afecta, segundo as estimacións provisionais da Consellería do Medio Rural, a unhas tres hectáreas de superficie.
O lume obrigou a interromper temporalmente a circulación ferroviaria na liña convencional entre Santiago de Compostela e Ourense, concretamente no tramo comprendido entre Santa Cruz de Arrabaldo e Maside. Con todo, Adif confirmou que o servizo xa foi restablecido e os trens volveron circular con normalidade.
Segundo explicou a Consellería do Medio Rural, a suspensión do tráfico ferroviario non se debeu a danos nas infraestruturas, senón que foi unha medida preventiva destinada a facilitar os labores de extinción e garantir a seguridade dos efectivos despregados na zona.
O incendio iniciouse ás 02.09 horas e,cando redactabamos esta información continuaba activo, polo que os equipos de emerxencia seguen traballando para controlar o avance das lapas.
No operativo participan actualmente catro axentes, oito brigadas e cinco motobombas, que desenvolven tarefas de extinción sobre o terreo para evitar que o incendio siga avanzando.
As autoridades manteñen a vixilancia sobre a evolución do lume mentres continúan os traballos para lograr a súa estabilización e posterior control.
OUTRAS NOVAS
- La Audiencia de Pontevedra confirma el archivo de la investigación por la muerte de Manuela Barbosa en Redondela
- A III Etapa Popular do Camiño da Costa abre inscricións para percorrer a ruta entre Vigo e Redondela
- La Diputación impulsa la humanización de Rosalía de Castro con una inversión de 1,7 millones
- O Porriño nas túas mans
- Vigo se asoma a los 35 grados: MeteoGalicia activa el ‘modo verano’ en las Rías Baixas





