Galicia

O BNG debería pasar a chamarse NG?

A lo menos é o que parece máis lóxico vendo como se desartella. Se hai uns días Encontro Irmandiño e +Galiza decidiron abandonar o BNG, agora é Partido Nacionalista Galego, quen o deixa. Así o decidiron o 77 %  dos seus militantes no IX Congreso Nacional Extraordinario celebrado este sábado.

Na xuntanza, ademáis decidiuse acometer un «compromiso sinceiro e sen condicións previas» para a creación dunha grande forza política «galeguista e nacionalista, progresista e transversal» á que «se poidan incorporar todos galegos que participen destes principios».

Os seus asinantes, ademais, expresan a súa  vontade de «confluír cos grupos e persoas» que asuman os postulados aprobados por esta formación para traballar así en favor da creación desa grande forza «galeguista e nacionalista».

Igualmente, propoñen facilitar a participación na toma de decisións políticas por parte dos cidadáns e defenden como «absolutamente prioritario ampliar a base social do galeguismo e o nacionalismo”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.