Galicia Vigo al minuto

A Xunta rexeita habilitar un novo peirao para reparación de buques no Porto de Vigo

Así o denuncia o BNG logo de que a Xunta asegurase que non o pode facer xa queas autoridades portuarias dependen de Fomento” e o porto de Vigo xa conta con catro peiraos de reparación naval. Así o asegurou o presidente de Portos de Galicia, Durán  Hermida, na comisión de Industria, este mércores, no Parlamento de Galicia

Pola súa banda o deputado nacioalista Henrique Vieitez defendeu a necesidade de potenciar o sector naval coa habilitación das infraestruturas necesarias para este fin e  dentro do consello da Autoridade Portuaria de Vigo, dixo, que o  Goberno galego conta con seis representantes polo tanto, “é responsabilidade do Goberno dar resposta ás demandas do sector”.

Viéitez lembrou que o último  espazo de usos portuarios aínda non foi aprobado e inclúe a reserva de 150.000 metros cadrados en Bouzas para a reparación naval e reiterou que o BNG non reclama a construción dun novo peirao senón unha habilitación da liña de atraque do borde do litoral dependente da Autoridade portuaria para que unha parte sexa dedicada a esta función.

O nacionalista afirmou que esta é unha demanda do sector naval e xa foi presentada como alegación no espazo de usos portuarios para a reparación en Bouzas e denunciou que o espazo de maior calado neste lugar permaneza ocupado pero sen  actividade algunha.

Finalmente, o deputado do BNG pediu que o Goberno galego, a través dos seus representantes no Consello de Administración realicen xestións ante  o resto das entidades para habilitar este centro de reparación por que senón, salientou ,a tendencia das diferentes presidencias da Autoridade portuaria é converter o espazo en “centros comerciais”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.