Deportes

Galicia, cuarta no Campionato de España de Balonmán en categoría xuvenil

Finalmente non puido ser. A selección galega non acadou esa medalla que buscou durante todo o Campionato de España Xuvenil de Seleccións Territorias, tras caer derrotada na final de consolación contra Andalucía (27-20). Así, a selección galega rematou na cuarta posición, mentres que o equipo feminino tamén perdeu o último partido da Copa de España e quedou clasificado na segunda posición.

Os homes de Jorge Rodríguez tentaron esquecer a derrota do día anterior fronte a Catalunya para centrarse no complicado choque de hoxe, no que se enfrontaban aos locais e con todo o público ao seu favor. E o partido comezou apertado, con intercambio de goles para os dous equipos, ata que a partir do m inuto quince foron ampliándose as distanzas grazas a boa actuación do portero andaluz. Así, ao descanso Galicia chegou catro goles por debaixo no marcador (12-8). Na segunda metade as cousas non cambiaron e os galegos non lograron achegarse no marcador. Ao final, Andalucía, 27-Galicia, 20. A medalla de ouro foi para Castela e León e prata para Catalunya, despois dunha prórroga de dez minutos e lanzamento de penaltis.

Na categoría feminina, Galicia perdeu o último partido da Copa de España e quedou clasificada na segunda posición. O resultado final foi: Galicia, 25-Navarra, 32.


 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.