Destacados Vigo al minuto

As mozas aprenderán a dicir na escola «Non é Non» para evitar a violencia machista

A concelleira de Igualdade Iolanda Veloso
A concelleira de Igualdade Iolanda Veloso

A campaña que a Concellería de Igualdade ven de poñer en marcha co gallo da Día Internacional contra a Violencia de Xénero, do vindeiro 25 de novembro, está dirixida aos escolares de ESO e Bacherelato. Segundo explicou a concelleira, Iolanda Veloso, quíxose centrar no sector da poboación moza porque estase detectando un incremento moi importante de casos de violencia de xénero entre a xuventude.

A campaña baixo o lema “NON é NON. Eu teño a chave” pretende que a mocidade reflexione sobre as relacións amorosas e de amizade que manteñen, xa que un importante número de rapazas son vítimas dunha violencia encuberta que coarta a súa liberdade. A nacionalista explicou que, segundo os datos do Ministerio de Igualdad, o 29,3 por cento das mulleres que chaman ao teléfono 016 de atención ás vítimas son menores de 30 anos e durante o pasado ano máis dun 29 por cento das que contaban con orde de protección estaban nese segmento de idade. De 2003 a 2008, 121 mulleres menores de 30 anos perderon a vida a mans das súas parellas e ex parellas. Así mesmo, case un 18 por cento dos mozos menores de 30 anos cren que o home agresivo é máis atractivo, fronte a un 4,5 das mulleres menores de 30 que estaban dacordo con esa afirmación.

“Cada vez hai maior contestación social contra a violencia de xénero e é menos consentida por toda a sociedade, pero segue existindo e por iso hai que serguir  facendo campañas de concienciación”, sinalou. A concelleira considera moi necesario facer un esforzo para achegar este tipo de campañas á xente moza, para que non asuman como normais, situacións de violencia ou abusivas que non o son. A este respecto fixo referenza ao lema da campaña. “Unha moza ten que facer entender que cando di NON é NON, e un rapaz debe asumir que cando lle din NON é NON e deben sempre respectalo”, explicou.

Ademáis do NON destaca tamén na campaña o fecho “porque todas as persoas deben aceptar e respetar que as mulleres teñan a chave das súas decisións”.  O lei motiv  é un fecho aberto, porque “Ti tes a chave”.

A campaña está dirixida ás alumnas e alumnos de 4º curso de ESO e de Bacheralato, de idades comprendidas entre os 15 e os 18 anos. Iolanda Veloso sinalou que consiste nunha documentación (folla informativa e carpeta) que está a ser enviada aos centros educativos da cidade, xunto cunha carta na que se solicita a implicación da comunidade educativa nesta iniciativa. Repartiránse  máis de 8.000 carpetas e outras tantas follas informativas. Así mesmo, a campaña tamén está presente en mupis instalados en diversos puntos da cidade.

Esta nova iniciativa supón a continuación da campaña anterior “Cóntao”, dirixida a aumentar o coñecemento do deber e o dereito cidadán de denunciar os casos de Violencia contra as Mulleres. Se nesa ocasión, buscábase un compromiso da cidadanía, a través desta nova iniciativa quérese implicar tamén a nais e pais, e educadoras e educadores na tarefa de rematar coas actitudes baseadas no dominio e na sumisión e que representan as primeiras manifestacións da Violencia de Xénero.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.