Galicia

Responsables do SERGAS néganse a recibir ao Comité de Empresa de Povisa

O comité de empresa de Povisa critcou hoxe a actitude dos responsábeis do Sergas despois de que se negaran a recibir á repesentación dos traballadores que se desprazou este mércores a Santiago de Compostela. Os representantes sindicales denuncian que os fixeron agardar máis de dúas horas para despois dicirlles que non os ían recibir porque «non é cousa deles xa que entenden que se trata de problemas internos do centro médico». Dende a sección sindical da CIG lembráronlles que existe un acordo do 2006 polo que o Sergas se compromete a garantir mantemento de todo o cadro de persoal de Povisa. «Contestáronnos que eles pagan o concerto rigurosamente e que o que faga o hospital cos cartos non é cousa deles».

Dende o comité de empresa consideran unha falta de respecto a negativa a recibilos e anuncian que incluirán ao Sergas nas vindeiras mobilizacións que se convoquen contra a decisión da dirección de Povisa de despedir a 27 traballadores do servizo de limpeza do centro.  Finalmente, lembraron que esta mesma tarde celebrarán unha nova asemblea e para mañá está organizada unha manifestación en Vigo que sairá de Vía Norte ás 20.00 horas e rematará  no edificio da Xunta.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.