Vigo al minuto

A Federación Veciñal califica de «atropelo» que non se cree un novo Xulgado de Familia en Vigo

JuzgadosA Federación Veciñal “Eduardo Chao” considera un atropello que a Xunta de Galicia descarte a creación do novo xulgado de familia para dar servizo á cidade e área metropolitana. Que se creen nove xulgados en toda Galicia e Vigo quede sen os servizos de familia non fai senón «poñer de manifesto os grandes paradoxos que sufrimos nunha cidade que a pesar de ser a máis grande de Galicia non ten o peso político doutros núcleos ou tan só polo feito de non ser capital«, aseguran los responsables de la FAVEC. 

«Cómo pode ser que a creación dun xulgado considerado segundo todos os informes como prioritario pasa a ser agora prescindible e se apraza a súa creación? É acaso este o gran proxecto da Cidade da Xustiza prometido para Vigo?», se preguntan. Os veciños creen que  se o principio que guía a función das administracións públicas é que os servizos deben estar o máis próximos posible do administrado, sen dúbida esta máxima cobra o seu máximo sentido en Vigo que cunha poboación de case 300.000 habitantes e un área metropolitana que se achega ao medio millón sufre a diario as demoras da xustiza e os tediosos trámites que supón acudir a outras cidades a facer trámites xudiciais.

Na súa opinión, a creación de novos servizos xurídicos, coma o xulgado do mercantil, aforra cartos e tempò a empresas e particulares que nin teñen que desprazarse a diario a outros lugares para ter este servizo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.