Cultura

O Coto e os seus sábados de lectura e cine…trae o teu libro favorito e, se pode ser, tarta de mazá

A Asociación Cultural O Coto propón sesións de libros e cine, hai unha combinación máis atrainte?, os sábados dende as oito e media da tarde. no Colexio Público Carballal-Cabral, se queres podel levar palomitas, pero unhas filloas, ou unha tarta de mazá serían máis de agradecer

cineLectura e cine. Imposible atopar mellor combinación e mellor compaña e se, ademáis, é entre amigos, nada que engadir. Non se nos ocurriu a nos, mágoa, senon ao Colexio Público Carballal-Cabral (rúa Lomba,1) e á Asociación Cultural O Coto que os sábados entre as oito e media e nove da noite propoñen a todo o que quera que leve o seu libro favorito (valen todos os de García Mázquez, Saramago, Hemingway, Echenique..) e que o intercambie e comente con outra persona que, por suposto, tamén levará o seu.

Logo, proxéctanse películas de calidade (se che gusta Van Damme, Terminator, Steven Seagal ou as españolas de suecas de Ozores ou Rambo, seica deberías quedar na casa e poñer Cine de Barrio ou cine de lama, porque non sintes as pernas), que non se poden ver habitualmente no cine.

A próxima proxéctase o 28 de novembro. É ‘El regreso’, rusa, dirixida por Andrey Zuyagintsev no ano 2003. Transcorre na Rusia contemporánea contando a historia de dous irmás que crecen formando un vínculo moi forte entre eles para compensar a falta do seu pais que so coñecen dunha fotografía de fai 10 anos. A vida deles cambia de repente tras a aparición do seu pai, o que lles fai plantexar moitas preguntas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.