Galicia

A Pontevedra non haberá árbore que se lle resista

Duvi/ Universidade de Vigo e Deputación de Pontevedra seguen a traballar da man para darle o pulo necesario ao campus. Este martes, o reitor, Salustiano Mato, e o presidente da Deputación, Rafael Louzán, reuníronse para asinar o convenio de colaboración para impulsar o I Curso Superior de Dirección Pública Local dirixido a funcionarios desta administración e tratar asuntos en común, como a Escola de Enfermería, a titulación de Enoloxía, Deseño e Moda, ou a rede de cooperación en materia forestal. Neste último punto, desvelaron que xa está definido o Plan Estratéxico que posibilitará a creación dunha rede de investigación forestal que unirá e promoverá as capacidades que ofrecen a Escola de Enxeñería Forestal, a Estación Fitopatolóxica do Areeiro, o Centro de Lourizán e a Misión Biolóxica. Neste proxecto, a Deputación vai a ser un aliado estratéxico da Universidade de Vigo para constituír en outubro ou novembro unha rede que posicione a Pontevedra como un gran foco de capacidade en investigación forestal.

Colaborando nas titulacións

A transferencia da Escola de Enfermería de Pontevedra, que actualmente financia a Deputación, foi un dos puntos cruciais da reunión, xa que a Universidade de Vigo traballa na elaboración un plan de integración das catro escolas de enfermería que ten adscritas en Galicia. “Está moi avanzado e a finais de 2011 ou principios de 2012 esperamos acordar o plan coa consellería de Sanidade, posteriormente coa consellería de Educación para, finalmente asinar as administración implicadas o acordo que posibilite iniciar o proceso de integración desta titulación na universidade no curso 2012-2013”, salientou Salustiano Mato.

Por outra banda, Louzán e Mato abordaron tamén a situación actual da titulación de Deseño e Moda. O reitor informou que o mapa de titulacións abrirase no 2013-2014 “nos temos unha aposta clara porque Deseño e Moda se converta nun título oficial e se integre na universidade de forma definitiva”. Por isto, a pesares de que o convenio rubricado coa entidade provincial para financiar estes estudos expira este ano, o presidente da Deputación xa manifestou a súa vontade de seguir apoiando esta iniciativa ata que se produza a regulación da mesma.

Finalmente, con respecto á titulación de enoloxía, o reitor da Universidade de Vigo aseverou que xa se fixo un traballo sobre as potencialidades da universidade na oferta formativa de enoloxía. Posteriormente, a entidade educativa estableceu un diálogo cos representantes do sector vitivinícola. A partir de agora, explicou Mato, “convocaremos unha reunión de traballo en outubro-novembro coas denominacións de orixe de Pontevedra e Ourense para adaptar o menú informativo ás demandas reais do sector e a partir de aí decidiremos o que compre poñer en marcha en Pontevedra e en Ourense”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.